Gato Guille estaba xogando na súa habitación. De súpeto escoitou unruido estrano: Fiiiuuuuu fiiiuuuu... Asustouse moito e saiu correndo.Este álbum aborda un tema interesante e habitual nos nenos: o medo.Gato Guille é incapaz de quedar só xogando porque atérranlle osruidos estranos: o aire que entra pola fiestra, a lavadora, oascensor, a cisterna que pinga... Calquera son alleo convértese, nasúa imaxinación, nun monstro que pode atacalo. A súa reacciónconsiste en fuxir na procura da protección da nai. Mamá Gata é a súaúnica fonte de seguridade e, avanzando a historia, o lectorcomprobará que tamén é a única capaz de disiparlle os temores. Porqueacaba sendo a nai quen se alarme cos ruidos que previamenteatemorizaran a Guille. Daquela o gatiño axudaralle a perder o medotomándoa da man e dándolle unha explicación razoable a cada suceso.