Búsqueda de Editorial : GALAXIA EDITORIAL

709 resultados

  • O INSPECTOR DE EDUCACION MANUEL DIAZ ROZAS 1894-1984
    COSTA RICO, ANTON
    O inquedo inspector de educación primaria Manuel Díaz Rozas (1894-1984), que exerceu en Galicia desde 1920, inscribiuse na atmosfera que preludiaba a chegada da II República. Foi presidente da sección de Pedagoxía do SEG, defendeu a autonomía política de Galicia e a galeguización escolar e foi, logo de Xohán Vicente Viqueira, quen quizais simbolice mellor os avatares e os impul...

    24,40 €

  • KHÔRA
    BAÑOS DE COS, JOSE LUIS
    Noa e Enzo mercan un modesto piso en Vigo a onde trasladan as reunións que, cada venres, manteñen co seu grupo de amigos. A través destes encontros, descubrimos a realidade de toda unha xeración: a dificultade de acceder a unha vivenda digna, o significado do fogar, as viraxes ideolóxicas e a transformación das nosas cidades en lugares cada vez menos habitables. Seremos testemu...

    14,00 €

  • MINIATURAS E OUTRAS DIMENSIÓNS
    ÁLVAREZ CÁCAMO, XOSÉ MARÍA
    Esta colección de relatos organízase en dúas unidades, onde os formatos reducidos das Miniaturas contrastan cos máis extensos do apartado Outras dimensións. O tempo comprimido das Miniaturas expándese no proceso de reinterpretación de motivos míticos e históricos, procedemento, non exclusivo no conxunto destas narracións, que dirixe, entre outras, a relectura da coñecida histor...

    16,50 €

  • O CONSELLO DE GALIZA:POLITICA GALEGA NO EXILIO
    VILLARES, RAMON
    Este libro trata sobre o Consello de Galiza, que se fundou no exilio de Buenos Aires e Montevideo en novembro de 1944. Foi a primeira institucionalización do autonomismo galego, apoiada na vontade política expresada no plebiscito do 28 de xuño de 1936 que aprobara o proxecto de Estatuto de Autonomía; tamén trata da política galega feita no exilio e mesmo no interior desde os te...

    32,00 €

  • A ARTE DE NON MORRER
    FERNANDEZ ALVAREZ, ROBERTO
    Galiza é unha das zonas do mundo con máis persoas centenarias que gozan dunha lonxevidade saudable. Para saber o porqué, en A arte de non morrer vaise na procura da evidencia científica, pero non abonda. É preciso sentarse a carón dos maiores e contemplar sen présa o lume lento das súas palabras; só así entenderemos como as claves culturais condicionan de forma determinante as ...

    23,50 €

  • (G).CARA A TIMES SQUARE.(BIBLIOTECA CAMILO GONSAR)
    GONSAR, CAMILO
    Non vou contar como chegou ás miñas mans este relato, porque sería complicado de máis. Só direi que non coñezo o seu autor e que disto moito de ser a persoa a quen está dirixido. Disto tanto, que esta persoa seguramente é un cidadán de fala inglesa. Efectivamente, o orixinal viña en inglés, un pobre e incorrecto inglés; todo o relativo a esta circunstancia quedará claro para qu...

    19,00 €

  • O MAR QUE ME LEVOU
    FERNÁNDEZ RECOUSO, SILVIA
    Sel, un mozo de 16 anos, vese obrigado a pasar o verán na pequena vila do seu avó Tito, un desaborido mariñeiro retirado a quen apenas coñece, xa que a súa nai nunca fala del. Alí, entre o aburrimento e a sensación de non encaixar, reencóntrase con Noa, a súa amiga da infancia. Xuntos descobren unha estraña rutina: cada mañá, Tito baixa ao peirao e lanza unha botella ao mar. O ...

    15,80 €

  • TUI, 1900-1036
    A historia de Tui enxérgase no tránsito que desde os inicios do século XX se produciu entre as rúas da pétrea cidade, e que sempre estivo protagonizado polos que tiñan, mais poucas veces ese paseo foi visitado por obreiros luxados de serraduras, labregos agraristas con estandartes dourados e mulleres de mandil ou peineta que berraban consignas liberadoras, aínda que formaron pa...

    26,00 €

  • MEMORIAS DUNHA TERRA
    MARÍA CASTROVIEJO, XOSÉ MARÍA
    Memorias dunha terra (1973) é unha colección de relatos que recollen as lembranzas dun escritor xa maduro, que, desde a altura dos anos, evoca con melancolía, pero sen amargura, o tempo feliz da nenez e a primeira mocidade. Escritos cunha prosa brillante e de gran plasticidade, elaborados con vellas vivencias que a literatura transforma nunha arte sinxela e gozosa, amable e tra...

    16,90 €

  • BEGOÑA CAAMAÑO
    XOSÉ PORTEIRO, MARÍA
    Begoña Caamaño foi unha periodista comprometida co xornalismo independente e veraz, militante e social, especializada en información laboral, internacional, política social e cultural. Firme defensora dos dereitos das mulleres e da igualdade de xénero, participou activamente no movemento feminista. María Xosé Porteiro, desde a súa perspectiva de compañeira de profesión e amiga,...

    25,70 €

  • OPERACIÓN MORCEGO
    MÉNDEZ, MARA
    O noivo da súa irmá é un vampiro! Ester teno claro e non pensa quedar cos brazos cruzados. Xunto á súa cuadrilla e o seu inseparable gato, Millo, emprende unha misión ultra secreta. Cos petos cheos de allos e auga bendita, este grupo de expertos tratará de destapar a verdade. Acompaña a Ester e Millo nesta divertida e entolecida aventura. Logrará pararlle os pés antes de que me...

    15,80 €

  • POR QUE COMEMOS?
    CERMEÑO, XOSÉ
    Comemos porque é unha necesidade biolóxica. Comer é inseparable do feito de estarmos vivos, pero tamén comemos porque nos gusta, e soubemos converter esa necesidade nun pracer. Ademais, dicimos que a comida é cultura porque forma parte esencial da nosa vida en común. Producir alimentos e compartilos crea vínculos poderosos entre as persoas. Por iso celebramos arredor da mesa os...

    20,55 €

  • POLO AVIEIRO DE DONA EMILIA
    MEIXOME, CARLOS
    Avieiro, hidrotopónimo nacido da farturenta creatividade de Emilia Pardo Bazán, fundindo de Avia e Arenteiro, sérvelle ao autor para imaxinar o seu propio e difuso territorio, co Carballiño no centro, para percorrelo da man da que denomina triloxía pardobazaniana do Avieiro (El cisne de Vilamorta, Los pazos de Ulloa e La madre naturaleza) e ofrecernos unha manchea de memorias p...

    32,50 €

  • (G).FONTENLA REAL:A GALICIA PENSADA.(MEMORIA)
    LOPEZ FERNANDEZ, JAIME / GOMEZ, SIXTO
    Un émulo pacífico de Breogán, a alma de Galicia en Cuba, José Fontenla Leal (Ferrol, 1864 - A Habana, 1919), home autodidacta, feito a si mesmo, con poucos estudos, mais cunha intelixencia innata que lle permitía convencer e aglutinar, tiña unha idea clara e unha vontade de ferro que converteu o amor á súa terra en feitos duradeiros. Bandeira, Himno, Academia débense, en boa me...

    24,00 €

  • A MIÑA AMIZADE CON CASTELAO E OUTROS ESCRITOS
    OTERO PEDRAYO, RAMÓN

    22,50 €

  • VOLVEREDES BRINDAR POR MIN. UNHA BIOGRAFIA DE BEGOÑA CAAMAÑO
    ROMANI, ANA / NOGUEIRA, MARIA XESUS
    A partir de arquivos persoais, conversas e lembranzas compartidas, álbums íntimos, rastros documentais dispersos, apuntamentos e pegadas en soportes singulares, Ana Romaní e María Xesús Nogueira ofrécennos ?unha? biografía de Begoña Caamaño, para chegar a unha obra, a unha peripecia vital, que fala da xornalista que foi, das preocupacións que sedimentaron o seu traballo e a súa...

    15,40 €

  • HISTORIA DUN NENO
    OTERO PEDRAYO, RAMÓN
    A Historia dun neno conta os primeiros anos de vida do escritor Ramón Otero Pedrayo, desde o seu nacemento ata o ingreso no instituto. Recolle simpáticas lembranzas dos amigos da infancia, da casa familiar de Ourense, das primeiras experiencias na escola e das visitas á aldea de Trasalba. ...

    10,20 €

  • AS HUMIDADES
    TOME, ALBA
    A infancia pode ser un paraíso perdido ou o primeiro inferno. Cando a violencia se instala no fogar, a casa deixa de ser refuxio e convértese nun territorio de medo que marca para sempre a vida futura.Nesta historia, un pai que aspira a medrar na política local constrúe unha nova imaxe pública mentres tenta enterrar o pasado. Na sombra, a avoa e as pequenas tecen unha alianza s...

    22,60 €

  • CATRO VIAXES DE ELENA FAHLBUSCH
    DAMIAN GUEDE

    20,60 €

  • TRINTA ANOS DE POESIA CRITICA 1936-1966. ESTUDO E
    XESUS ALONSO MONTERO

    15,00 €

  • ASASINATO NO MUÍÑO DO CURA
    PORTABALES, ARANTZA
    Tras Asasinato na Casa Rosa, Arantza Portabales regresa cun novo caso da agora detective Iria Santaclara e o comisario xubilado César Araujo. Volvemos a Loeiro, onde en 1984 acontece unha matanza no muíño do Cura que trae as súas consecuencias ata o presente, cando, unha muller, Alba Mariño, chega á vila na procura de repostas sobre un pasado que lle roubaron e do que descoñece...

    21,80 €

  • EU SON DE AQUÍ E DE ALÁ
    ANDRÉS, TAMARA

    15,50 €

  • A ORELLA NO BURACO
    QUEIZÁN, MARÍA XOSÉ

    14,60 €

  • ICEBERT
    LABRAÑA, CARLOS / ROMERO, SARA

    12,80 €

  • AGORA NON È ANTES
    BAAMONDE, ANTON

    23,60 €

  • ASASINATO NO MUIÑO DO CURA
    PORTABALES, ARANTZA

    21,80 €

  • TRAZO DOBRE
    SÁNCHEZ ABEAL, PATRICIA
    O trazo aquí é dobre porque o grafito sinala imaxe e reflexo. Quen escribe sábese limiar, ábrese en canal e en ponte, desprega un mantel limpo sobre o vello mapa de Europa. Nesta mesa sen fronteiras, as historias entrecrúzanse, as linguas son bífidas. Falar aquí non pode ser unha liña continua; é máis ben unha cuestión de afecto, unha tarefa de aproximación. ...

    14,30 €

  • CIRCE OU O PRACER DO AZUL
    CAAMAÑO, BEGOÑA
    Unha muller leva once anos agardando polo retorno do seu home. Cando comeza a temer a probable morte do marido, recibe a carta dunha estraña, unha muller misteriosa que a informa de que o seu home non está morto, senón que vive con ela un romance apaixonado. A partir de aí vaise tecendo unha relación epistolar entre as dúas; o home dunha e amante doutra acábase convertendo só n...

    23,00 €

  • ROTSPANIER
    GALAN, JUAN
    Juan Galán recolle en Rotspanier a peripecia vital de Joaquín Fernández Millán, mariñeiro de profesión da Pobra do Caramiñal, emigrado ao País Vasco na década de 1920, que loitou como miliciano no Exército de Euskadi. Como tantos outros españois, a inicios de febreiro de 1939 cruzou os Pireneos para exiliarse en Francia, onde sería internado en campos de concentración durante a...

    24,00 €

  • NO RECANTO DAS HORAS
    CARRO, XAVIER
    Xavier Carro sempre se sentiu vinculado espiritualmente coa súa cidade, Santiago de Compostela, da que nunca marchou e á que fixo protagonista dos seus contos, como en No recanto das horas, onde as rutinas, igual que as solemnes badaladas dos sinos da catedral, marcan a vida dos variados personaxes destes relatos: un filosofo peripatético, a Patacona, o anano de Conxo, un filós...

    19,20 €