BARBIERO,GIUSEPPE / BARUZZI,ELENA / GASPAROTTI,FEDERICO
Imaxinade un encontro sorprendente entre dous estudosos da natureza,separados por dous mil anos de progreso científico. Unha xuntanzamáxica onde un antigo druída e un biólogo moderno conversan, mentresque o lector descobre como a ciencia contemporánea está recuperandocoñecementos perdidos e a bioloxía se focaliza cada vez máis nanecesidade de achegarse a un estilo de vida natural.
Osprotagonistas deste libro acompañaranvos nun paseo estimulante através do bosque, entre árbores, cores, olores, razoando sobre arelación entre os elementos e dialogando sobre a sacralidade da vidaen Gaia, o noso planeta, que chegaredes a comprender na súa esencia de organismo vivente. A conversa entre os dous sabios flúeespontaneamente, nun ir e vir de ideas para a reflexión en equilibrioconstante entre ciencia e filosofía, bioloxía e espiritualidade,contemporaneidade e antigüidade.