Matthew e Marilla Cuthbert son dous irmáns que viven en Avonlea naIlla do Príncipe Eduardo de Canadá. Ao necesitar axuda na súa granxa,Tellas Verdes, solicitan adoptar a un neno dun orfanato. Por erro,unha nena roiba e pencada de once anos chamada Anne Shirley é enviadacos irmáns. Mentres que Matthew acolle
instantaneamente a Anne,Marilla non está segura de quedar con ela. Con todo, a alegre esumamente imaxinativa Anne transforma gradualmente a triste vida
do tímido Matthew e a melindrosa Marilla, que chegan a vela como unhafilla.
A novela, publicada en 1908 con grande éxito, está inspirada nunha historia dun xornal, que a autora nutriu coas súas propiasexperiencias da nenez, a vida rural e as tradicións da Illa doPríncipe Eduardo.
Esta historia sentimental pero encantadora sobreo paso á madurez dunha nena orfa pouco convencional converteuse nunclásico da Literatura Xuvenil e adaptouse para cinema, teatro etelevisión.