Até a aparición dos apuntamentos e notas que Antonio Gramsci escribiunos cárceres fascistas, o estudo dos intelectuais tanto no movementoobreiro en xeral como no pensamento marxista en particular, non pasaba de ser unha achega a-histórica e superficial. Gramsci, nos seusapuntamentos dedicados aos intelectuais e á historia dos intelectuais, recollidos postumamente baixo o título de Os intelectuais e aorganización da cultura, inscribe a estes no lugar que llescorresponde no complexo mundo da división social do traballo ou, se se prefire, no mundo da produción.Ao inscribir o intelectual no mundo da produción, Gramsci rehabilítaoe dá a entender que a noción xeral do intelectual só pode serfuncional: todos os homes son intelectuais aínda que non realicen nasociedade a función de intelectuais.Esta concepción provoca a xeneralización do termo, de aí que opensador italiano propoña unha división do intelectual en graos: doalto intelectual (os creadores das diversas ciencias, da filosofía, da arte, etc., é dicir, os creadores da ideoloxía dominante) aospequenos intelectuais ou intelectuais subalternos: os administrado